Finalizado o prazo para admisión de fotografías ao concurso de Fotografía dixital 2022, para a realización do Calendario 2023,  o Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos debido á escasa participación para fallar o concurso, amplía o prazo de admisión de fotografías ata as 14:00 horas do día 14 de outubro de 2022.

A temática deste ano é: “Rehabilitación Enerxética de Edificios Residenciais”

Para consultar as bases e descargar o boletín de participación debes dirixirte ó teu colexio de pertenza.