Co obxectivo de fomentar a participación e resaltar a calidade do noso patrimonio construído e rehabilitado, o Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, convoca o concurso de Fotografía dixital 2022, para a realización do Calendario 2023.

A temática deste ano é: “Rehabilitación Enerxética de Edificios Residenciais”

Para consultar as bases actuais e descargar o boletín de participación debes dirixirte ó teu colexio de pertenza.